PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación será continua. Non se poderá obter a cualificación de aprobado se além de ter feito a
presentación oral na aula e ter entregado na data o traballo tutelado escrito, non
se apresenta un portafolio final docente
que contenga: a) biografía académica,
b) selección de tres
probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas e
c) autoevaluación da
aprendizaxe.
As presentacións orais terán lugar última semana de outubro. A entrega do traballo tutelado programarase para a primeira semana de decembro.
As partes da avaliación definidas como
"participación en debates", "exercicios, actividades e
problemas" deberán entregarse na semana seguinte á que serán presentados na aula. As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado co sistema arriba exposto durante o periodo lectivo poderán presentarse ao exame de avaliación única no periodo de exames na data establecida no calendario aprobado pola Xunta de FFT. O día do exame deberán facer entrega do portafolio, do traballo tutelado e realizar unha presentación oral. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) O alumnado que non alcance o aprobado neste sistema de avaliación única poderá presentarse a exame na segunda edición de actas en xullo, na data oficial correspondente aprobada pola Xunta de FFT, nas mesmas condicións que rexen para o exame de sistema de avaliación única na primeira edición de actas. O alumnado que se atope no caso de ter aprobadas parte das probas poderá
conservar as cualificacións desas partes, previo acordo coa profesora, na oportunidade do sistema de avaliación única na primeira edición de actas e na segunda edición de actas en xullo. NOTA: O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que
resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou
superior a B2. |