Outros comentarios e avaliación de Xuño e Xullo·
Non se poderá obter a cualificación de aprobado sem ter entregado o Cartafol e ter feito alomenos unha exposición oral. · O portafolio
final debe conter: o a)
biografía académica, o b) presentación
oral na aula o c) unha selección
de tres probas de entre os debates, exercicios e resolución de problemas etc. o d)
autoevaluación da aprendizaxe. ·
As presentacións orais terán lugar última semana de
marzo. ·
As partes da avaliación definidas como
"participación en debates", "exercicios, actividades e
problemas" deberán entregarse na semana seguinte à que foran apresentados
na aula. ·
As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado en maio co sistema arriba
exposto poderán presentarse a exame no mes de xuño. O día do exame deberán
facer entrega do portafolio e realizar unha presentación oral. O alumnado que
non alcance o aprobado en xuño poderá presentarse a exame en xullo, na data
oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para o exame de xuño. ·
Penalizaranse os erros de expresión (ortografía,
puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso
de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará. ·
O alumnado erasmus interesado en cursar a materia
deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua
española e galega igual ou superior a B2. |