Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Nunha proba escrita despois de acabaren as aulas (na data marcada no calendario oficial da FFT), avaliaranse os coñecementos adquiridos ó longo do curso (inclúense os procedentes da bibliografía, das explicacións do docente nas aulas maxistrais ou nas aulas prácticas, etc.). Ata un 5% do valor desta epígrafe pódese alcanzar grazas á asistencia participativa nas aulas. |
65 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C3 C4 C6 C7 C8
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación única. Avaliación continua (asistencia do 80%): para poder facer media, haberá que superar cada unha das tres tipoloxías de avaliación anteriores. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio. O alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar a materia, tanto en maio coma en xullo, a través dun exame final escrito [65%] (que se realizará nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais dun traballo (seguindo as indicacións do docente) [35%]. Cómpre superar tanto o exame coma o traballo para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas. A copia ou o plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame será avaliado cun cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Todas as consultas realizadas por correo electrónico atenderanse no horario de titorías. |