Estudo de casos/análises de situacións |
Presentación na aula dun traballo/ proxecto dos temas que acordarán o alumnado e o profesor nas actividades introdutorias. Neste apartado o importante é que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. Dita actividade cualificarase cun 40% da nota |
40 |
A3 A4
|
|
C8
|
D2
|
Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. De optaren pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión á profesora por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Por outro lado, o dereito á avaliación continua perderase se non se asiste a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só serán avaliados con este sistema os alumnos e as alumnas que asistiran a 38 horas ou máis de clase. O dereito á avaliación continua perderase tamén se non se realizan as tres probas metodolóxicas arriba expostas, cuxas datas serán acordadas entre a profesora e o alumnado. A proba de resposta longa coincidirá coa data oficial do calendario marcada pola Facultade. |