A materia aborda as técnicas de propaganda política, tanto dende unha perspectiva histórica como actual. O obxectivo principal da asignatura é analizar críticamente o discurso político nas súas diferentes dimensións persuasivas e soportes de comunicación, prestando especial atención ás técnicas clásicas na transmisión de mensaxes persuasivas de carácter político.