Prácticas externas: Prácticas en institucións, empresas e organizacións públicas/P04G090V01981
Outros comentarios
Como o TFG contempla entre os seus obxectivos a consecución dunha visión integrada e global dos diferentes contidos do Grao, o estudiante deberá ter superado a meirande parte das materias do plano de estudos; en concreto, só se permite, unha marxe de 12 ECTS para poder defender publicamente o TFG
O alumno/a titorizado deberá seguir, na medida do posible as indicacións e recomendacións do profesor-titor tanto nos aspectos materiais como formais.
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación aprobou o Regulamento de Traballo Fin de Grao que pode ser consultado na Plataforma TEMA polo interesado. Tamén terá acceso aos criterios específicos de elaboración e avaliación do TFG.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000