Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Presentacións/exposicións
Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun traballo ou estudo de caso
Sesión maxistral
Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto do estudo e das bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que ha de desenvolver o estudante, quen terá que participar activamente mediante a formulación de preguntas e opinión. Esta participación do alumnado nas sesión maxistrais será avaliada.
Probas
Descrición
Probas de tipo test
Exame tipo test para avaliar as competencias adquiridas do alumnado que inclúe 20 preguntas pechadas con catro opción de resposta: a)b)c)d), das cales una única resposta é a correcta. Por cada 2 preguntas mal contestadas restaráse 1 pregunta ben. As preguntas non contestadas (en branco) non computan. O alumnado deberá obter no exame un mínimo de 1,75 puntos para sumar ao resto dos criterios.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000