Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Dirección Estratéxica da Innovación e a Tecnoloxía: Ferramentas para a súa Xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Trátase de realizar un glosario colaborativo relacionado cos contidos da materia.
Cada participante do curso deberá de contribuír como mínimo con unha achega ao glosario (definición de concepto, expresión, proceso, etc. relevante para a disciplina) e realizar tamén dous comentarios a definicións incorporadas ao glosario previamente por outros/as compañeiros/as (aclaracións, correccións, ampliacións, críticas, puntualizacións, etc. ás definicións de outros/as)
- Valorarase a oportuna escolla de termos así como a súa definición.
- Valorarase tanto o número de achegas (mínimo 1) e o número de comentarios a achegas doutros/as compañeiro/as (mínimo 2), como, fundamentalmente, a calidade, rigor e relevancia dos mesmos.
- Así mesmo, valorarase o uso de fontes de información adecuadas e rigorosas para definir os vocábulos. Neste sentido, é obrigatorio que o alumnado indique sempre as referencias das fontes empregadas.
5 A1
A2
A3
A4
A5
B14
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Traballos ou exercicios prácticos, que versarán arredor de algún caso de innovación ou organización innovadora.

En cada traballo valorarase:
• Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
• Orde e coherencia de argumentos.
• Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
• Corrección formal.
• Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas.
75 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B14
C6
D3
D6
Probas de resposta curta Proba de seguimento. 20 A1
A4
B14
C6
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xuño.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas: os traballos e probas suspendidos poderanse recuperar na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia.

Estrutura do exame da convocatoria de xullo

  • Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
  • Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento ou casos prácticos.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode sermodificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado)

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000