Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Implantación de Sistemas de Xestión da Calidade: Modelos e Técnicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba.
Evalúanse os resultados de aprendizaxe: 1,2,3,4,5,6,8
20 A1
A5
B1
B9
B15
C2
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno (individual ou en grupo) no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos, no seu caso.
Para determinadas sesións esíxese asistencia. No caso de non asistir, o alumno deberá elaborar un traballo individual relacionado coa sesión á que non asistiu, seguindo as instruccións do profesor, e presentar un documento correspondente ao mesmo.
Evalúanse os resultados de aprendizaxe 2,6,7,8
80 A2
A3
A4
B1
B2
B4
D1
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o
sistema de avaliación continua.

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos e
alumnas
que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua (debido
a non ter superado a materia a través do conxunto de
métodos exposto anteriormente). Neste caso, a cualificación obtida no
exame constituirá o
100% da nota.

Observación:
Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados
suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non
obstante, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do
Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as
datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000