Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Implantación de Sistemas de Xestión da Calidade: Modelos e Técnicas
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B1 Capacidade de organización e planificación.
B2 Capacidade para deseñar e pór en práctica os plans globais da empresa, tanto estratéxicos como operativos.
B4 Capacidade para a toma de decisións.
B9 Capacidade de aprendizaxe.
B15 Competencias para deseñar e implantar modelos e sistemas de xestión da calidade a distintos ámbitos e dimensións das empresas.
C2 Capacidade para identificar, valorar e xestionar as capacidades e o coñecemento organizacional.
D1 Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares.
D6 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000