Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Implantación de Sistemas de Xestión da Calidade: Modelos e Técnicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Implantación de Sistemas de Xestión da Calidade: Modelos e Técnicas Código O04M157V01206
Titulación
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández González, Arturo José
Correo-e ajfdez@uvigo.es
Profesorado
del Río Rama, María de la Cruz
Fernández González, Arturo José
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Nun Máster sobre Xestión de Innovación, necesariamente debe darse un protagonismo relevante a contidos específicos sobre Xestión da calidade dado que existe unha relación biunívoca entre Calidade e Innovación.
A relación é biunívoca, porque:
- Por un lado, innovar sen calidade conduce, por regra, a un resultado moi efémero. Pode non ser máis do que producir algo de novo, que o mercado, rapidamente, vai rexeitar. Rexeitar por falta de calidade, non se traducindo a innovación, así, en valor sustentado para a empresa e seus clientes.
- Por outro lado, a calidade comporta, en si mesma, varias compoñentes e metodoloxías, que permiten que o coñecemento xerado no proceso de innovación, se vaia potenciando no ciclo
virtuoso do tipo PDCA : Plan; Do; Check; Act.
- Finalmente, a conversión dos resultados da innovación en coñecemento captables en normas, ou outros referenciais, induce, no mercado, a un uso xeneralizado e exitoso daqueles resultados.
Esta materia adícase á xestión da calidade na empresa e ás ferramentas e modelos existentes para a mesma, cunha especial atención ás ferramentas básicas (diagramas de Pareto, Causa-efecto, AMFE, QFD, etc.) e á normativa ISO 9000. Primeiramente, expóñense as devanditas ferramentas e os conceptos de normalización, certificación e acreditación. A continuación, estúdanse os fundamentos dun sistema de xestión da calidade con relación á norma ISO 9001, prestando especial atención á súa relación coa mellora da competitividade da empresa. Finalmente, proporciónanse claves para unha correcta implantación e mantemento no tempo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000