Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Xestión Medioambiental, de Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporatia. Sistemas Integrados de Xestión da Calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20 A1
A5
B4
B15
C2
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno (individual ou en grupo) no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos, no seu caso.
Para determinadas sesións esíxese asistencia. No caso de non asistir, o alumno deberá elaborar un traballo individual relacionado coa sesión á que non asistiu, seguindo as instruccións do profesor, e presentar un documento correspondente ao mesmo.
80 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B4
B15
C2
D1
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ademáis do conxunto de criterios de avaliación enriba exposto, para superar a materia por avaliación continua esíxese asistencia a determinadas clases da materia. A inasistencia a ditas clases poderase compensar elaborando os traballos que o profesor encomende a tal efecto ao aluno/a.

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos/as que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua (debido a non ter superado a materia a través do conxunto demétodos exposto anteriormente). Neste caso, a cualificación obtida noexame constituirá o 100% da nota.

Observacións:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre asdatas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000