Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Capacidade de organización e planificación. |
B2 |
Capacidade para deseñar e pór en práctica os plans globais da empresa, tanto estratéxicos como operativos. |
B4 |
Capacidade para a toma de decisións. |
B15 |
Competencias para deseñar e implantar modelos e sistemas de xestión da calidade a distintos ámbitos e dimensións das empresas. |
C2 |
Capacidade para identificar, valorar e xestionar as capacidades e o coñecemento organizacional. |
D1 |
Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares. |
D6 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |