Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Sistemas Español e Galego de Innovación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Saídas de estudo/prácticas de campo Visita a centros tecnolóxicos, empresas, e parque tecnolóxico, para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na aula
Estudo de casos/análises de situacións Análise de diversos sistemas de innovación. Estudo de casos prácticos de proxectos innovadores, o seu financiamento, os axentes de innovación que interveñen, os seus resultados. Exemplos prácticos.
Sesión maxistral As sesións presenciais consistirán na exposición por parte do profesorado da materia obxecto de cada un dos bloques descritos nos contidos. Facilitarase ao alumnado o material preciso para a comprensión de cada módulo e fomentarase a participación na aula do alumnado introducindo material audiovisual e exemplos prácticos. A avaliación realizarase mediante preguntas curtas ou tipo test, e mediante o desenvolvemento de casos e análise de situaciósn que contemplen os aspectos tratados na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000