Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Cadro Lexislativo e Fiscal para a Constitución, o Crecemento e a Innovación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica de exercicios sobre o contido da materia. É necesario obter una puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba 20 A1
A2
A3
B7
B9
C3
D6
Outras Realización de tarefas durante o curso. E necesario obter una puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 80 A1
A3
A4
A5
B7
B8
B9
C3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Oportunidades
de avaliación

Os
alumnos disporán de dúas oportunidades de avaliación correspondentes coas
convocatorias ordinaria (xaneiro) e

extraordinaria
(xullo). As datas dos exames e de entrega dos traballos fixaranse no calendario
académico do Máster; no caso de que non apareza data de entrega de traballos,
entenderase que o prazo termina o día anterior á data do
examen.

Entenderase
que un alumno non se presenta á materia cando non se presente ao examen, nin
entregue parte algunha das

actividades
propostas nas datas fixadas.

A avaliación ordinaria será por avaliación continua ou ben por un examen final. No primeiro caso a proba práctica valdrá un 20% da nota. O 80% restante serán tarefas a realizar durante o curso. É necesario para superar a materia por este método un mínimo de 5 puntos en cada parte. Os alumnos que non opten por avaliación continua, deberán realizar un examen que será o 100% da nota conseguida.

A avaliación extraordinaria será un examen fina, que será o 100% da nota conseguida.

Observación:

Calquera
evidencia de tarefas plaxiadas ou copiadas suporá unha cualificación de
suspenso nas dúas convocatorias.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non
obstante, o calendario pode ser

modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina
web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na
mencionada páxina web

(http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000