Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Desenvolvemento e Comercialización de Proxectos de I+D+I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Deberá elaborarse unha proposta de proxecto de I+D+i que se exporá publicamente. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B6
B10
C4
C5
D6
Probas de tipo test Proba de seguimento. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20 A1
A2
A3
B1
B10
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Outros comentarios e segunda convocatoria

Oportunidades de avaliación

Os alumnos disporán de dúas oportunidades de avaliación correspondentes coas convocatorias ordinaria (xuño) e extraordinaria (xullo). As datas dos exames e de entrega dos traballos fixaranse no calendario académico do Máster; no caso de que non apareza data de entrega de traballos, entenderase que o prazo termina o día anterior á data do examen.

No caso de que o alumno só supere algunha das partes, a cualificación desta parte conservarase durante as dúas oportunidades de avaliación.

Entenderase que un alumno non se presenta á materia cando non se presente ao examen, nin entregue parte algunha das actividades propostas nas datas fixadas.

Observación:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

As datas e horarios
das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster
para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo
do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai
cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames,
prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000