Esta materia pretende profundar nun aspecto da contorna sociopolítico tan decisivo para as empresas galegas como é a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Neste espazo de integración territorial existen unhas dinámicas e redes de cooperación notablemente consolidadas, que son unha importante fonte de oportunidades para o tecido empresarial nel situado. De feito, dentro do novo período de programación comunitaria 2014-2020, destaca o Programa de cooperación transfronteiriza entre rexións de España e Portugal (POCTEP), boa parte de cuxos recursos se destinará a potenciar o I+D+i e a mellorar a competitividade das Pemes.