Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Temas Avanzados en Control de Xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Cuestionarios nos que se consultará sobre as cuestiós teórico/prácticas que se espuxeron nas sesións. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20 A1
A2
A3
B1
B2
B14
C2
C3
C9
C10
D3
D6
Estudo de casos/análise de situacións Informes entregados polos alumnos nos que se recollerán as conclusións máis salientables dos casos prácticos entregados previamente. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B6
B14
C2
C3
C9
C10
D1
D3
D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe osistema de avaliación continua. Para ser avaliado deste xeito compre aasistencia cando menos ao 80% das horas de docencia presencial.

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos e alumnas que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua (debido a non ter asistido a un mínimo do 80% das horas de docencia presencial ,ou ben debido a non ter superado a materia a través do conxunto de métodos exposto anteriormente). Neste caso, a cualificación obtida no exame constituirá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Observacións:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000