Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Sistema de Información Financiera para a Empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Estudo e análise de situacións de empresas reais. Este traballo será desenvolvido en grupos por os estudantes ao longo dunha sesión de clases, sendo necesaria a presenza dos mesmos na aula. 50 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
D6
Probas de autoavaliación Tests realizados na plataforma de ensino virtual da Universidade a xeito de autoavaliación por parte do alumnado ó longo do cuadrimestre. 30 A2
B2
Outras Proba de seguimento da materia a realizar na data establecida pola coordinación do Master. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20 A5
B3
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua.

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos e alumnas que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua ou que non se tiveran acollido a esta opción de avaliación. Neste caso, a cualificación obtida no exame constituirá o 100% da nota.

Observacións:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000