As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o antes posible. É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es), así como o libro de texto "Português XXI, Nível A1". Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio/xuño), da seguinte forma: 1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%) 2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas. A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 días antes da data oficial da proba escrita), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma. Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma (http://faitic.uvigo.es), así como o libro de texto "Português XXI, Nível A1", mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua. As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU. |