A avaliación da materia será continua. A nota final confígurase a partir de probas test e de resposta curta sobre os contidos da materia, e a partir da observación da participación do alumnado nas actividades do curso (asistencia e participación activa nas clases, entrega de actividades voluntarias). O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia. Aqueles alumnos que non acaden un rendemento satisfactorio mínimo poderan ser suspendidos do sistema de avaliación continua antes de rematar o curso. Poderá realizarse unha primeira avaliación de rendemento no primeiro mes do curso. Asimesmo, é preciso presentarse a todas as probas e actividades avaliables (excepto ás actividades calificadas como voluntarias) para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua. As actividades voluntarias non entregadas non impiden ser avaliado/a por avaliación continua pero si impiden acceder ó 20% da nota calificada como "observación sistemática". Cando non proceda a avaliación continua realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final. Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso. O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua). As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU. |