A
planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema
de avaliación continua, polo que a cualificación
final obterase da avaliación das probas obxectivas periódicas, do
traballo tutelado e a realización dun exame
final. Probas
de carácter obxectivo: probas de carácter periódico, para valorar a correcta
comprensión e aplicación dos contidos
da materia. Consistirá en: 1.-
A resolución de exercicios breves. 2.-
Resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. 3.-
Traballo tutelado: Consistirá na elaboración en grupo dun
traballo, destinado á aplicación dos conceptos
e técnicas da materia de forma autónoma por parte dos estudantes,
contando con atención personalizada para
o seu seguimento. O traballo tutelado será entregado en data límite anunciada
con suficiente antelación. Exame
Final: consistirá na resolución de exercicios breves (problemas) e/ou resposta
a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple.
Parte teórica (preguntas curtas e/ou tipo test) (50%) práctica (50%). Será
necesario aprobar ambas as partes por separado
(5 puntos sobre 10). Para
aprobar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos (dun total de 10)
pola realización do exame. A
nota final será a suma de ambas as partes, avaliación continua e exame, para
realizar a suma deberá terse aprobado o
exame. Nota mínima para aprobar a materia 5. Segunda
convocatoria: A
avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para as
convocatorias extraordinarias do presente curso
académico.Avaliarase ao alumno coa realización dun exame final que
suporá o 60% da nota. O exame constase
dunha parte teórica (preguntas curtas e/ou tipo test) (50%) práctica (50%).
Será necesario aprobar ambas as partes por separado
(5 puntos sobre 10). Alumnos que non seguen avaliación continua: Avaliarase ao alumno cun exame que suporá o 100% da nota. Nota mínima para aprobar un 5. Nota: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |