Sesión maxistral |
Exposicións introdutorias nas que se familiarizará o alumnado coas principais fontes de información, a súa valoración crítica, os recursos de recompilación existentes e a utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. |
Obradoiros |
Prácticas na aula de informática nas que se utilizarán os recursos electrónicos de selección de información e os estilos e xestores de referencias bibliográficas para elaborar o deseño dun itinerario cultural por Ourense. |
Traballos tutelados |
Actividades en grupo nas que se tutelará a realización dun proxecto consistente no deseño dun itinerario cultural por Ourense. |