Outras |
Participación activa nas clases teóricas e prácticas, tanto sexa na modalidade presencial como na semipresencial (seguimento da materia a traveso do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle).
Avaliación dos resultados da aprendizaxe "Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado" e "Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico" |
10 |
|
|
C12 C13
|
D1 D5
|
Estudo de casos/análise de situacións |
Actividades en grupo reducido sobre temas específicos e concretos serán avaliadas mediante a entrega de exercicios (comentarios de texto, análises estratigráficas, etc).
Avaliación dos resultados da aprendizaxe "Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado" e "Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico" |
10 |
A2
|
B6
|
C12
|
D5
|
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a traveso do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a traveso das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente dispoña como imprescindibles. Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (50%), nunha proba de estudo de caso (10%) e mais na entrega dun relatorio/memoria de prácticas (30%) ou ben traballo alternativo equivalente a acordar co profesor. Tamén se contabilizará a asistencia ás clases e actividades prácticas (10%), tanto sexa no modo presencial como semipresencial.
Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos. Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.
Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria. |