Para aprobar a materia como mínimo será necesario facer e enviar vía TEMA un traballo de calidade. A participación nas diversas preguntas expostas vía TEMA, asi como a presentación do traballo e a asistencia e participación nas presentacións dos demais compañeiros, servirán para obter mellores cualificacións. Será obrigatorio ter no espacio da asignatura na plataforma TEMA unha foto carnet antes da data de comenzo das clases. Recórdase que, como estudante da Universidade de Vigo, comprométeuse a actuar de modo
honesto e ético en todas as actividades nas que participe e estén
organizadas pola Universidade. En particular, na realización das
tarefas académicas (exames, traballos, …) comprometeuse a non utilizar
ningún medio nin dispositivo non autorizado, a non aproveitarse do
traballo doutros (copia, plaxio,…) e a non recibir axuda non autorizada
sexa cal sexa o medio utilizado. O incumprimento destes compromisos será penalizado. |