Esta materia ten como obxectivo proporcionar aos alumnos ferramentas útiles para a avaliación e prevención de riscos laborais na industria alimentaria. Para iso proporcionaranse aos estudantes os principios básicos xenerais da prevención de riscos para incidir, a continuación, na súa aplicación práctica ás explotacións e industrias agrogandeiras e alimentarias.