- Para a edición de febreiro de 2017 haberá dúas formas de avaliación: Opción
A: O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se
acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema de
avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto
representen máis do 50% na nota final. Anunciarase a principio de curso
un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación
continua. Opción B: O estudante que non se acolla ao sistema de
avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas
seguintes ponderacións: proba tipo test (40%), proba de resolución de
exercicios (40%) e exame do libro (20%). - Para a edición de xullo de 2017 haberá tamén dúas formas de avaliación: Opción
A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua
poderán conservar as notas dos catro tipos de probas realizadas.
Soamente poderán subir nota nas seguintes partes: Proba tipo test (35%),
Proba de resolución de exercicios (35%) e/ou exame do libro (20%). -Opción
B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua
terán dereito a un exame final que abarcará unha proba tipo test (40%),
unha proba de resolución de exercicios (40%), un exame do libro de
lectura (20%). Nota: Aos estudantes que seguiran o sistema de
avaliación continua se lles permitirá elixir tamén a opción B na
edición de xullo, pero será necesario a previa comunicación ao profesor. Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente con un exame final (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto dos alumnos. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son
as seguintes: Fin de Carreira: 28/09/2016, 16 h Ordinaria: 28/10/2016, 16 h Extraordinaria (xullo): 14/07/2017, 16 h En
caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. |