Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta "Exame parcial" formado por cuestións teóricas (tipo test ou de resposta curta) e/ou problemas relacionadas co temario da materia visto ata a data de celebración da proba.
Ó longo do cuadrimestre faranse varias probas.
25 B3
C19
D2
D9
D10
Informes/memorias de prácticas Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no que se recollerán o procedemento seguido na execución da práctica, os resultados experimentais acadados e a análise dos mesmos. 15 B3
B4
D1
D6
D9
D17
Outras "Exame final" formado por problemas e cuestións teóricas relacionadas co temario da materia. 60 B3
B4
C19
D1
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación:

Os alumnos que opten pola Avaliación Continua, para aproba-la materia, deben supera-lo 40% da nota máxima en cada unha das partes do “exame final”.

O alumno que renuncie oficialmente á Avaliación Continua, fará un “exame final” de teoría e problemas que valerá o 90% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 10% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.

En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación das "probas de resposta curta" feitas e das prácticas, polo que os alumnos so deberán face-lo "exame final".

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento “non ético” (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000