Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
O alumnado deberá resolver de forma autónoma, e entregar periodicamente os problemas ou exercicios formulados polo profesorado. Valoraranse tanto os resultados obtidos, como o procedemento seguido na execución. De acordo á lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10. |
10 |
|
B3
|
C4
|
D2 D3 D10
|
Probas de tipo test |
A finalidade desta proba, que levará a cabo na data da convocatoria oficial de exames, é avaliar o nivel de coñecementos teóricos alcanzados polo alumnado nas sesións de aula. Será unha proba escrita tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá alcanzar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, de acordo á lexislación vixente. |
40 |
|
B3
|
C4
|
D10
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
A avaliación dos coñecementos alcanzados polo alumnado nos seminarios de problemas farase mediante unha proba escrita, na convocatoria oficial de exames, na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados coa materia obxecto de estudo. A proba cualificarase, segundo a lexislación vixente, cunha nota final numérica comprendida entre 0 e 10. |
40 |
|
B3
|
C4
|
D2 D3 D10
|
Informes/memorias de prácticas |
Ao finalizar cada práctica o alumno/a deberá elaborar un informe detallado sobre a mesma, na que se incluirán aspectos tales como: Obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos. Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese do alumno/a, a redacción e presentación do informe, así como a achega persoal. A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados. |
10 |
|
|
C4
|
D3 D17
|