As fontes de información, en canto aos contidos, dependerán do campo concreto sobre o que se elabora o traballo ou proxecto. As fontes de información incluirán, con carácter xeral, libros de texto, enciclopedias, dicionarios, artigos científicos, contribucións a congresos, teses de doutoramento, documentos e informes técnicos, documentos e textos xurídicos se procede, patentes e webgrafía. Toda as fontes de información e o alcance do seu contido no desenvolvemento do Traballo Fin de Máster deben estar adecuadamente referenciadas no documento correspondente. |