Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliación de exercicios. Ao longo do curso, unha vez expostas e desenvolvidas no aula as ferramentas necesarias para abordar a resolución de exercicios, proporase un conxunto de exercicios para resolución autónoma por parte do estudante. A puntuación máxima é de 3 puntos. Requírese unha punutación mínima de 1,2 puntos neste epígrafe. Os resultados de aprendizaxe que se avalían son: Identificar as responsabilidades do enxeñeiro de minas na elaboración dos plans de labores.
Seleccionar o sistema de transporte máis axeitado en función do método de explotación e o ciclo de produción. Dimensionar sistemas de transporte convencionais.
Seleccionar o método de explotación máis axeitado.
Planificar a explotación das explotacións mineiras manexando os parámetros de explotación convencionais
Dimensionar determinados servizos mineiros empregando software específico.
Seleccionar emprazamentos, cubicar volumetrías e elaborar plans de execución en obras de almacenaxe de residuos mineiros. |
30 |
|
|
C2 C5 C6 C7 C12
|
D10
|
Metodoloxías integradas |
Ao longo do curso formularase a realización de traballos individual e/ou grupo. No caso de facer o traballo en grupo a cualificación realizarase por grupo. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 4 puntos. A puntuación mínima requerida neste epígrafe é 1,6 puntos.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Identificar os principios básicos da sostibilidade na actividade das explotacións mineiras e integrar estes principios no deseño de solucións tecnolóxicas. Identificar as responsabilidades do enxeñeiro de minas na elaboración dos plans de labores.
Seleccionar o sistema de transporte máis axeitado en función do método de explotación e o ciclo de produción. Dimensionar sistemas de transporte convencionais.
Planificar a explotación das explotacións mineiras manexando os parámetros de explotación convencionais.
Dimensionar determinados servizos mineiros empregando software específico
Seleccionar emprazamentos, cubicar volumetrías e elaborar plans de execución en obras de almacenaxe de residuos mineiros.
|
40 |
A2 A3 A5
|
B2 B3
|
|
D3 D6
|
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre un máximo de 10 puntos. Para sumar as cualificacións obtidas en cada un dos sistemas de avaliación, é necesario acadar a puntuación mínima en cada un de eles. Para a avaliación da segunda convocatoria empregarase o mesmo criterio de avaliación, pero a proposta de exercicios, traballos e a proba escrita serán diferentes ás formuladas para a primeira convocatoria, salvo que se teña acadada a puntuación mínima no epígrafe correspondente. As datas de avaliación para o curso académico 2015-2016 poden consultarse
na páxina web da ETSI Minas, Planificación académica-Exames-Máster Enxeñaría de
Minas http://etseminas.uvigo.es/cms/index.php?id=57 |