Requírense coñecementos previos de matemáticas,ecuacións diferenciais,física e mecánica.
Trátase de obter coñecemento e comprensión dos principios básicos da Mecánica de Fluídos necesarios para analizar calquera sistema no que un fluído sexa o medio de traballo.
Estes principios requírense en deseño de maquinaria hidráulica, lubricación,sistemas de calefacción e ventilación,deseño de instalacións de tubaxes para o transporte de fluídos, estudos de modelos, medios de transporte, aerodinámica de estruturas e edificacións e estudos de modelizacións utilizando a mecánica de fluídos computacional.