Sesión maxistral |
Exame escrito de cuestións de resposta curta. Exame escrito de resolución de problemas e/ou exercicios. Cada unha das partes do exame avalía un 35%.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Capacidade de consultar a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no ámbito da xeotecnia e a mecánica de solos e rocas. Aplicar ao cálculo e deseño, os aspectos básicos das leis da elasticidade, elasto-plasticidade, fluxo de auga en medios continuos, consolidación e resistencia que rexen o comportamento dos solos e rocas. Caracterizar, clasificar e interpretar ensaios experimentais de resistencia e consolidación en solos rocas. Deseño de muros de contención e cimentacións. Aplicación de técnicas básicas para o deseño de noiros e obras subterráneas en roca. Resolver problemas reais a partir de datos fornecidos polo profesor. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto base da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas. |
70 |
|
|
C12
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Probas escritas consistentes na resolución de problemas similares aos expostos ao longo do curso.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectivo da materia: Aplicar ao cálculo e deseño, os aspectos básicos das leis da elasticidade, elasto-plasticidade, fluxo de auga en medios continuos, consolidación e resistencia que rexen o comportamento dos solos e rocas. Deseño de muros de contención e cimentacións. Resolver problemas reais a partir de datos fornecidos polo profesor. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto base da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas. |
15 |
|
|
C12
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7
|
Prácticas de laboratorio |
Avaliación a través de informes/memorias de prácticas realizadas.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectivo da materia: Capacidade de consultar a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no ámbito da xeotecnia e a mecánica de solos e rocas. Caracterizar, clasificar e interpretar ensaios experimentais de resistencia e consolidación en solos rocas. Aplicación de técnicas básicas para o deseño de noiros e obras subterráneas en roca. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto base da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas. |
15 |
|
|
C12
|
D1 D2 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10
|
Na primeira convocatoria, é necesario realizar e entregar
os traballos (resolución de exercicios/problemas e as memorias de prácticas de laboratorio)
propostos durante o curso. Neste caso, a cualificación a nota
final será a suma das notas dos traballos (ata o 30%) e do exame (ata
o 70%). En convocatorias posteriores do mesmo curso, o
exame puntuará o 100% da nota final. Aos alumnos que non cursen por primeira vez a materia gardaráselles,
durante un ano, a nota de prácticas anteriormente obtida. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 10:00 – 23/10/2015 - Convocatoria ordinaria 2º período: 10:00 – 27/05/2016 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 08/07/2016 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina
web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181 |