MÉTODO DOCENTE E SISTEMA DE AVALIACIÓN: A nota notal ou global componse dos seguintes términos: PRÁCTICAS/LABORATORIOS(50%) TEORÍA e PROBLEMAS(40%) EXAMES PARCIAIS (5%) PROXECTO VOLUNTARIO EN GRUPO(5%) A maiores, para subir nota poderá optar, no caso de que se organicen, a apuntarse en SEMINARIOS ou outra serie de propostas realizadas desde a área. Non se poderá subir máis de 2 puntos extra (20%) neste apartado. PRÁCTICAS/LABORATORIOS (50%) Obligatorio asistir ao 85% das prácticas 2 traballos (25% 25%) que utilicen as ferramentas apresas nos laboratorios. (*) Recórdase que teñen caracter obligatorio. É necesario telas aprobadas para presentarse ao exame de teoría e problemas. En caso de faltas de asistecia e/ou prácticas suspensas, o alumno deberá examinarse delas. TEORÍA E PROBLEMAS (40%) Obligatorio asistir ao 85% das clases Cualifícase mediante un único EXAME FINAL EXAMES PARCIAIS(5%) O obxectivo é comprobar o seguimiento das clases. Pódense realizar en calquera momento e sen avisar previamente. Estará composto por pregunta/s curta/s de resposta en tempo breve (nunca superior a 10'). A materia de avaliación poderá abarcar a explicada en clase ou temario anterior PROXECTO VOLUNTARIO EN GRUPO(5%) O obxectivo é potenciar o traballo en grupo e a expresión oral. Será xa que logo un proxecto íntegro e amplo. Este deberá ser exposto públicamente polo grupo e é obligatoria a asistencia de todos os alumnos da clase posto que se trata de "aprender do que fan os demais". OUTRAS OBSERVACIÓNS (*) NON SE GARDAN NOTAS DUN CURSO ACADÉMICO A OUTRO Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 10:00 – 15/10/2015 - Convocatoria ordinaria 2º período: 10:00 – 11/05/2016 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 01/07/2016 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina
web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181 |