Dereitos e deberes dos estudantes en
prácticas Durante a realización das prácticas externas, os estudantes terán os seguintes dereitos: a) Á tutela, durante o período de duración da correspondente práctica, por a
persoa encargada da coordinación das prácticas. b)
Á avaliación de acordo cos criterios establecidos pola Universidade. c) Á obtención dun informe por parte da entidade colaboradora onde realizou
as
prácticas, con mención expresa da actividade desenvolvida, a súa duración
e,
no seu caso, o seu rendemento. d) A percibir, nos casos en que así estivese estipulado,
a aportación económica
e) Á propiedade
intelectual e industrial nos termos establecidos na lexislación reguladora da materia. f) A recibir, por parte da entidade colaboradora, información da normativa de
seguridade e prevención de riscos laborais. g) A cumprir coa súa actividade académica, formativa e de representación e
participación, previa comunicación
con
antelación suficiente á entidade
colaboradora. Así mesmo, durante a realización das prácticas académicas externas os estudantes deberán atender ao
cumprimento dos seguintes deberes: h) Cumprir a normativa vixente relativa a prácticas externas establecida pola Universidade. i) Coñecer e cumprir o Proxecto
Formativo das
prácticas
seguindo as indicacións do titor asignado pola entidade colaboradora baixo a supervisión do titor académico da Universidade. j) Manter contacto co coordinador/a académico/a da Universidade durante o desenvolvemento da práctica e comunicarlle calquera
incidencia que poida xurdir
no
mesmo, así
como
facer
entrega dos
documentos
e
informes de seguimento intermedio e a memoria final que lle sexan
requiridos. k) Incorporarse á entidade colaboradora de que
se
trate
na
data acordada, cumprir o horario previsto no proxecto educativo e respectar as normas de funcionamento, seguridade e prevención de riscos laborais da mesma. f) Desenvolver o Proxecto Formativo e cumprir con dilixencia as actividades
acordadas coa entidade colaboradora conforme ás liñas establecidas no mesmo. f) Elaboración da memoria final das prácticas, prevista nesta normativa e, no seu caso, do informe intermedio. g) Gardar confidencialidade en relación coa información interna da entidade colaboradora e gardar segredo profesional sobre as súas
actividades, durante a súa estancia e finalizada esta. h) Mostrar, en todo momento, unha actitude respectuosa cara a política da entidade colaboradora, salvagardando o bo nome da Universidade de Vigo. i) Calquera outro deber previsto na normativa vixente e/ou nos correspondentes Convenios de Cooperación Educativa subscritos pola
Universidade e, no seu caso,
a
entidade xestora de prácticas
vinculada
á mesma,
coa entidade colaboradora. Avaliación das prácticas A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor/a académico/a asignado ao alumno. Para poder ser avaliado positivamente é necesario: a) Non faltar inxustificadamente a máis dun 10% das horas que conforman a práctica. b) Que a cualificación global que figure
no Informe de Seguimento emitido polo titor/a da entidade externa sexa igual ou superior a cinco puntos sobre
dez. c) Entregar ao titor/a académico/a no prazo de quince días naturais a contar desde o día en que conclúen as prácticas, a Memoria de Prácticas
Externas, axustándose
ao modelo incorporado ao Anexo I da presente normativa. O titor/a académico/a elaborará un Informe de Valoración Final
no que determinará a cualificación
final. Para iso terá en conta de forma prioritaria o Informe de Seguimento remitido polo titor/a da institución colaboradora e a Memoria presentada polo alumno/a, pero poderá valorar
tamén o interese demostrado polo estudante, as titorías
académicas levadas a cabo en relación coa práctica, así como calquera outro factor do que
se deduza un bo resultado na aprendizaxe. En función
de
todos estes
factores,
se
a
cualificación
obtida no Informe
de Seguimento do titor/a da entidade colaboradora é igual ou superior a cinco, o
titor/a académico/a poderá incrementar a cualificación do alumno até en dous puntos e medio, sen que a cualificación final poida superar os dez puntos. Pola contra, o
titor/a non poderá rebaixar a nota asignada ao alumno/a no Informe de Seguimento emitido polo titor da institución colaboradora. No caso de que o estudante non reúna algún dos tres requisitos enumerados
nos apartados a), b)
e c) deste precepto, recibirá a cualificación de
“Suspenso”. Os alumnos deberán
asistir ás actividades que lles indiquen os coordinadores da materia e que se
computarán coma horas de docencia. Segunda
convocatoria: Rexerase polas mesmas normas e criterios
da primeira convocatoria. |