Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Prácticas externas: Prácticas en empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informes/memorias de prácticas O alumnado deberá entregar ao titor/a académico/a no prazo de quince días naturais a contar desde o día en que conclúen as prácticas, unha Memoria de Prácticas Externas, axustándose ao modelo incorporado ao Anexo I da normativa sobre prácticas externas da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Pola súa banda, o titor profesional tambien debera remitir ao titor academico un informe sobre as practicas realizadas. A nota final da materia basearase sobre estes dous documentos.
100 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C4
C5
C13
C14
C15
C16
C17
C21
C23
C26
C27
C28
C29
C30
C31
C32
C34
C35
C36
C37
C38
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- As competencias que adquire o alumnado dependerán, particularmente, da institución/empresa na que realice as súas prácticas.

2. A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor académico asignado ao alumno. Para poder ser avaliado
positivamente é necesario:
a) Non faltar inxustificadamente a máis dun 10% das horas que conforman a práctica.
b) Que a cualificación global que figure no Informe de Seguimento emitido polo titor da entidade externa sexa igual ou
superior a cinco puntos sobre dez.
c) Entregar ao titor académico no prazo de quince días naturais a contar desde o día en que conclúen as prácticas, a
Memoria de Prácticas Externas, axustándose ao modelo incorporado ao Anexo I da presente normativa.
2. O titor académico elaborará un Informe de Valoración Final no que determinará a cualificación final. Para iso terá en conta
de forma prioritaria o Informe de Seguimento remitido polo titor da institución colaboradora e a Memoria presentada polo
alumno, pero poderá valorar tamén o interese demostrado polo estudante, as tutorías académicas levadas a cabo en
relación coa práctica, así como calquera outro factor do que se deduza un bo resultado na aprendizaxe.
3. En función de todos estes factores, se a cualificación obtida no Informe de Seguimento do titor da entidade colaboradora
é igual ou superior a cinco, o titor académico poderá incrementar a cualificación do alumno até en dous puntos e medio, sen
que a cualificación final poida superar o dez puntos. Pola contra, o titor non poderá rebaixar a nota asignada ao alumno no
Informe de Seguimento emitido polo titor da institución colaboradora.
4. No caso de que o estudante non reúna algún do tres requisitos enumerados nos apartados a), b) e c) deste precepto,
recibirá a cualificación de “Suspenso”.


As practicas externas estan excluidas da convocatoria de fin de carreira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000