Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Traballo autónomo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 10% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
C1
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión corta ou media. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30 % da nota final. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B11
C1
C14
C21
C26
C29
C30
C31
C35
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25 % da nota final. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
C1
C14
C21
C26
C29
C30
C31
C35
Outras A participación e intervención en clase, a realización dos supostos prácticos, a preparación, cando así proceda, das leccións teóricas... e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo alumnado para superar a materia ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor ponderado sobre a cualificación final do 25%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN
CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NA
PROBA DE RESPOSTA LONGA E NA PROBA PRÁCTICA FINAL, DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4,0 NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA NON SE
TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO,
NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B11
C1
C14
C21
C26
C29
C30
C31
C35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO/XUÑO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final)

DATA EXAME: 15 maio 

a) Avaliación continua. Ao comenzo do cuatrimestre, o alumnado deberá manifestar, a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final.

CONVOCATORIA ORDINARIA XULLO

DATA EXAME: 9 xullo

Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

DATA EXAME: 15 outubro

Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota final

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000