Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito da seguridade social I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teñorica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final. 30 A2
B1
B2
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final. 25 A3
A4
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 30 A4
Outras A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 15%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4.00. DE NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
15 A3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ADVERTENCIA XERAL: AS DATAS DOS EXÁMENES SERÁN AS APROBADAS POLA XUNTA DE FACULTADE, QUE CONSTAN PUBLICADAS NA WEB DA FACULTADE DE CIENCIAS XUIRÍDICAS E DO TRABALLO


CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:

Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria
ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida
durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non
superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a
alumno/a tería que someterse un novo proceso de avaliación continua, agás que
opte pola avaliación final teórica e práctica.

SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:

Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de
avaliación continua serán avaliados nun examen final. Trátase dunha proba
escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e
representará o 100% da nota final.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nunha único examen escrito, teórico e práctico, que representará o 100 por 100 da nota final

As datas de exame apróbanse pola Xunta da Facultade e publicánse na Web da Facultade

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000