1. Primeira oportunidade (maio 2016). a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA Haberá tres probas parciais de tipo test puntuadas de 0 a 10 puntos cada unha delas. Cada unha das tres probas comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuatrimestre no cronograma da materia. As dúas primeiras probas celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral. A terceira proba celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos de nota media entre as tres probas. O/a alumno/a que acuda á primeira proba parcial e manifeste así o seu interese por acollerse ao sistema de avaliación continua, será avaliado/a na primeira oportunidade consonte aos criterios previamente establecidos (puntuación media das tres probas parciais) e non terá dereito a ser avaliado/a nesta oportunidade consonte a un exame final que constitúa o 100% da cualificación na materia. En consecuencia, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba parcial a alumna ou o alumno non se presentan á seguinte ou seguintes, a calificación destas será de 0 puntos, que fará media coa nota da primeira. b) SISTEMA DE EXAME FINAL Para quen non opte polo sistema de avaliación conitnua, a avaliación da materia consistirá nun único exame final tipo test que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da calificación da materia. O exame final celebrarase na data oficial segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final. 2. Segunda oportunidade (xullo 2016). Consistirá para todos/as os/as alumnos/as nun único exame final tipo test que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da calificación da materia. O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016. Para superar a materia é necesairo obter un mínimo de 5 puntos no exame final. 3. Convocatoria de "fin de carreira" Para aqueles/as alumnos/as que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consistirá nunha proba tipo test que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da calificación da materia. O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final. |