Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou
exercicios nun tempo e condicións establecidas polo profesor,
aplicando os coñecementos adquiridos. Correspóndese coas prácticas que debe realizar o alumno integrado nun grupo de traballo e de forma presencial. Parte da avaliación realizarase de forma individual.
30 D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
Probas de resposta curta Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen
preguntas directas sobre un aspecto concreto e actividades, problemas ou exercicios prácticos para resolver. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos teóricos e prácticos que teñen sobre a materia. Correspóndese co exame final da materia.
70 D1
D3
D4
D5
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación continua

A avaliación do alumno realizarase do seguinte modo:

- Exame final (70% da nota final, 7 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre, que constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Para superar o exame será necesario obter unha nota igual ou superior a 3,5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte.

- Probas realizadas en grupo e individualmente nas prácticas de maneira presencial (30% da nota final, 3 puntos).

Para superar a materia a través da avaliación continua, é necesario cumprir tres condiciones: 

- Superar o exame final (3,5 sobre 7 puntos).

- Obter un mínimo de 1,2 puntos sobre 3 nas probas realizadas nas prácticas.

- Conseguir un mínimo de 5 puntos na materia. 

No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota conseguida no exame e das probas realizados nas prácticas, sempre que esta suma sexa superior a 5 puntos. No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame nunha escala de 10 puntos. 

A segunda convocatoria rexerase polas mesmas normas. 

b) Outras convocatorias ou alumnos que non optan pola avaliación continua.

A cualificación dos alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema (de forma xustificada), estará integrada unicamente pola nota do exame final teórico-práctico, que será diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. O valor outorgado sobre a nota final será do 100%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000