Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito procesual penal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Ao longo do cuadrimestre se realizarán nas datas indicadas na planificación docente, 2 probas tipo test. Estas probas non liberan materia de cara ao exame final. 25 C1
C7
C9
C11
D1
D3
D6
D7
Estudo de casos/análise de situacións Na data que se indique na planificación docente da materia se realizará unha proba de carácter práctico consistente no estudio dun caso. 25 C1
C8
C9
C11
C12
C13
C14
C15
C18
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Na data fixada no calendario oficial de exames, se realizará un exame teórico oral, que comprende toda a materia. 50 C1
C7
C8
C12
C13
C14
D1
D2
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na materia Dereito Procesal Penal seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (maio/xuño) como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final.

1º.- AVALIACIÓN CONTINUA.

O sistema de avaliación continua consistirá en:

a) 2 probas teóricas tipo test, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 25% da cualificación final.

b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data indicada na planificación docente e que representará o 25% da cualificación final.

c) 1 proba teórica oral, sobre toda a materia, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 50% da cualificación final. En calquera caso, para que se entenda superada a materia, é necesario obter nesta proba teórica polo menos un 5 sobre 10.

Notas importantes:

a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar a proba teórica oral, a proba práctica escrita e, polo menos, unha das probas teóricas tipo test.

b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria (maio/xuño), de cara á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por:

- Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas tipo test e na proba práctica realizadas durante o curso; nese caso o exame consistiría nunha proba teórica oral sobre toda a materia, que representará o 50% da cualificación final, e na que deberán obter polo menos un 5 sobre 10 para entender superada a materia.

- Facer un exame final nos términos que se indican a continuación.

2º.- EXAME FINAL.

Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser evaluados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 100% da cualificación final. O devandito exame constará de:

a) Unha proba práctica escrita, consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 20% da cualificación final.

b) Unha proba teórica oral sobre toda a materia, que representará o 80% da cualificación final.

Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final, o/a alumno/a terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, na proba práctica, terá que obter polo menos un 1 sobre 2; e, na proba teórica, un 4 sobre 8.

3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.

Na convocatoria de fin de carreira o sistema de avaliación será o de exame final nos términos expostos anteriormente.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000