A documentación da materia atópase en inglés.
Algunhas clases da materia pódense impartir en inglés.
Os obxectivos que se perseguen con esta materia son:
• Coñecer os métodos de codiseño de aplicacións baseadas en microprocesadores encaixados en FPGAs.
• Coñecer os microprocesadores que se poden implementar nas FPGAs comerciais.
• Manexar as ferramentas “software” necesarias para o desenvolvemento de aplicacións encaixadas mediante FPGAs.
• Deseñar periféricos de aplicación específica e a súa conexión aos buses dos microprocesadores encaixados.
• Realizar sistemas dixitais de aplicación real con microprocesadores encaixados en FPGAs.