1. Aconséllase un traballo regular, sistemático, ao longo do cuadrimestre, tanto no referente aos contidos teóricos, transmitidos nas clases maxistrais, como nos traballos de seminario.
2. Os alumnos e alumnas terán en conta que se avaliará, por un lado, a participación nos seminarios e os traballos e probas prácticas (40% da nota final), e os coñecementos teóricos adquiridos a través do exame final (60% da nota final).
3. Na parte práctica, como na teórica, será especialmente tido en conta o interese demostrado e a calidade das intervencións, ben sexa dentro dos grupos de traballo que se formen, ben individualmente.
4. O uso dos móbiles está prohibido nas clases. A súa utilización será penalizada na nota final (1 punto).
5. Titorías individuais: Luns: 11-14 horas; Martes, 10:30-11:30 horas. |