Consta de dous elementos: I. Avaliación continua (ata 4 puntos): Esta inclúe: 1. Entrega das follas de exercicios e asistencia as clases prácticas (0,5 puntos). 2. Desenvolvemento do traballo de curso e presentación (1,5 puntos). 3. Probas tipo test. Realizaranse 2 probas tipo test (2 puntos) II: Probas: Realizaranse 2 probas (ata 6 puntos): 1. Exame parcial co contido teórico e práctico dos temas 1 a 4. Os alumnos que teñan superado o exame parcial (para o cal é necesario ter acadado unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) solo terán que examinarse da parte correspondente aos temas 5 a 8. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final. 2. Exame final: constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 4, e a segunda aos temas 5 a 8), cada unha delas valorada sobre 6. Para poder aprobar a materia será preciso obter un mínimo de 2 dos 6 puntos en cada unha das partes. Neste caso a nota do exame será obtida como media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Observación: A nota final resulta da suma dos elementos de avaliación sinalados. Nembargantes, a puntuación do exame sómente será tida en conta cando o alumno obteña unha nota de exame igual ou superior a 2 dos 6 puntos. En caso contrario a nota será igual a puntuación obtida na avaliación continua. Pola súa banda, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a acadada na avaliación continua. Para superar a materia o alumno deberá obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos.
|