Baixo o construto “dimensión terapéutica do teatro” preténdese realizar unha actividade teórico-práctica con fins de desenvolvemento do potencial creativo dos individuos, do crecemento comunitario e social e tamén de intervencións socioterapéuticas. Destinada a persoas vinculadas ao manexo e condución de grupos humanos, outorgando a dimensión estética aos procesos de cambio humano e entender ao individuo como un todo harmónico. É importante lembrar que os erros e as fustracións producidas polo fracaso, son unha fonte de acerto e superación que conducen ao éxito.