Ao comezo do cuadrimestre celebrarase unha sesión presencial na que se presentarán as normas de elaboración do traballo e os prazos de realización.
Titoría en grupo
Nas titorías en grupo resolveranse as dúbidas expostas polos alumnos e tentaranse destacar os aspectos claves na realización dun traballo académico de fin de máster.
Traballos tutelados
Cada alumno traballará autonomamente guiado polo titor que lle fose asignado para a elaboración do traballo. Ademais, contará coas directrices de elaboración do traballo que estarán publicadas no sitio da materia na plataforma FAITIC.