Estudos/actividades previos |
O alumno disporá, na plataforma do posgrao, dunha guía cos principais contidos da materia desenvoltos, así como dunha bibliografía básica de lectura obrigatoria, que debe asimilar co gallo de poder realizar con éxito os exercicios prácticos.
|
Foros de discusión |
Nos foros de discusión poranse en común e discutiranse as solucións dadas ás prácticas autónomas.
|
Actividades introdutorias |
A primeira sesión da materia será presencial (malia que tamén se gardará e colgará na plataforma do posgrao) e dedicarase a explicar polo miúdo os obxectivos que se pretenden acadar, o temario, a forma na que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación. |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Realizarase a visita a un estudio de dobraxe galego. |