Estudo de casos/análise de situacións |
Os estudantes deberán levar a cabo unha análise dos aspectos culturais dalgúns produtos multimedia e expolos de maneira virtual ante os seus compañeiros quen, á súa vez, deberán realizar comentarios críticos sobre a análise exposta. O debate vehicularase a través da plataforma TEMA e avaliaranse todas as intervencións realizadas. |
30 |
|
B1 B11 B12 B13 B14 B15
|
C4 C7 C13
|
|
Dado que a materia concíbese como unha primeira aproximación á investigación sobre os aspectos culturais implicados na tradución multimedia, concederase especial importancia á redacción das diferentes tarefas encomendadas, que deberán axustarse aos estándares da redacción académica. Consecuentemente, aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente
informal e/ou que incumpran as normas ortográficas gramaticais e recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO. Para superar a materia non é obrigatorio asistir ás sesións presenciais. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN Na segunda convocatoria, os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade de avaliación deberán completar os traballos que non entreguen ou resolvan de maneira satisfactoria durante o curso. Para iso, fíxase un prazo máximo de recepción dos devanditos traballos ata o 1 de xullo de 2016. |