Resolución de problemas e/ou exercicios |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución etc, Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. |
20 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C2 C3 C4 C9 C10 C12 C15 C17 C21 C22 C25 C27 C30 C33
|
D1 D2 D7 D8 D9 D14 D15 D17 D21 D23
|
Presentacións/exposicións |
O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. |
10 |
A2 A3 A4
|
|
C4 C5 C8 C9 C10 C12 C21 C22 C24 C25 C33
|
D1 D2 D4 D6 D13 D14 D15 D16 D21
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
1ª proba+ encomenda 1 .
2ª proba +encomenda 2 |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C2 C3 C4 C13 C15 C18 C22 C25 C27 C28 C30 C32 C33
|
D7 D8 D9 D10 D13 D14 D21 D22
|
AVALIACIÓN CONTINUA:
O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe entregar a ficha de alumno/a no primeiro mes de curso, asistir polo menos ao 60% das horas presenciais e entregar o 80% dos exercicios encargados a través de plataforma.
O alumnado deberá entregar todos os exercicios en papel (en clase ou en caixa de correos) e por vía telemática nas datas estipuladas e identificados da seguinte forma: APELIDONOME_TXT. Non se recollerá fóra de prazo ningunha proba.
As probas presencias previstas para avaliación continua terán lugar en horario de clase e serán comunicadas coa suficiente antelación por faitic a todo o alumnado matriculado.
Aqueles que se acollan á avaliación continua e obteñan unha cualificación de suspenso deberán presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo e/ou decembro nas condicións fixadas para a avaliación única.
As probas de AVALIACIÓN ÚNICA terán lugar a última ou penúltima semana de curso en horario docente, a data precisa será anunciada en FAITIC con antelación e consistirá en:
1. Tradución directa con tempo limitado e fontes documentais (papel e telemáticas) dun ou dous textos especializados cun volumen total en conxunto de 500 palabras (2h): 50% da nota.
2. Unha encomenda de tradución comentada que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 5 días naturais: 40% da nota + 10% comentario tradutolóxico .
A encomenda estará na plataforma FAITIC en DOCUMENTOS E LIGAZÓNS e as normas de presentación no apartado de EXERCICIOS.
NOTAS:
PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO EN CADA UNHA DAS
PROBAS, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.
En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de
avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos/as que:
- Cometan máis de dúas faltas graves de ortografía, gramática, sintaxe ou anacolutos.
- Cometan máis dun contrasentido (aplicable ás traducións).
- Incorran en plaxio total ou parcialmente.
|