O obxectivo primordial da materia «Tradución Xurídico-Administrativa Idioma 1:Francés-Español-Francés» é que o alumnado, unha vez adquiridos os coñecementos básicos do funcionamento institucional da xustiza e a administración en Francia (e/ou outros países francófonos) sexa capaz de realizar encargos de tradución directa (FR-É) e inversa (É-FR) de textos redactados no ámbito xurídico-administrativo con vistas a consolidar a súa formación como especialista na mediación comunicativa bilingüe (Francés-Español-Francés) dentro do ámbito institucional moi específico dos Servizos Públicos da Administración.
Por conseguinte, outro dos obxectivos é iniciar ao alumnado no exercicio profesional da Tradución e a Interpretación no medio Social (TIMS) para a súa actuación como profesional da tradución e interpretación xuradas, cando teña que intervir nos procesos de mediación que se producen diariamente entre os provedores de Servizos Públicos da Administración (Sanidade, Educación e Xustiza), por un lado, e as persoas migrantes alófonas, por outro.